Todo listo para a ‘Feira do Libro do Porriño 2018’ que inaugura o escritor lucense Lois Pérez

A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, abre as súas portas no centro o vindeiro xoves, día 10, ás 7 e media da tarde, coa lectura do ‘pregón’ deste ano a cargo do profesor, escritor…

Pleno Ordinario do Concello, este luns, día 7 de maio, ás 6 da tarde

O Concello do Porriño celebra este luns, día 7 o seu Pleno Ordinario, ás 6 da tarde. O mesmo pode seguirse en directo nesta mesma web.

O Porriño lederou en abril, xunto a Vigo, a creación de emprego na Área Metropolitana: a finais do mes pasado traballaban na vila 539 persoas máis que cando o actual Goberno local iniciara a súa xestión

O Porriño liderou o mes pasado, xunto con Vigo, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo. A finais do mes pasado había na vila 1.600 persoas sen traballo, 68 menos que a finais de marzo. Dacordo cos datos publicados este venres polo Ministerio…

A alcaldesa recibe no Concello a Noemí García, veciña do Porriño e semifinalista de ‘La Voz Kids’ e agarda que poida actuar nas Festas do Cristo deste ano

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, recibiu no Concello a Noemí Fernández, a concursante de 15 anos de ‘La Voz Kids’, o programa de Telecinco, que este vindeiro luns disputa a semifinal do concurso. Noemi,…

A Biblioteca Municipal do Porriño, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia, segundo os datos da Xunta

A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia. Na actualidade, dacordo cos devanditos datos, a Biblioteca Municipal do Porriño é a primeira biblioteca galega en número de préstamos…

@festivaldecans contará con Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o ‘Invernadoiro’, un novo espazo para o audiovisual e a música

O Festival de Cans inaugura este ano o ‘Invernadoiro’, un novo espazo para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas. Á fronte da súa banda ‘Immaculate Fools’, Weatherill alcanzou o…