A alcaldesa denuncia que os buses que fan o traxecto O Porriño-Vigo teñen no interior espazos reservados para cadeiras de rodas pero non contan cunha rampla que permita ás cadeirs subir aos mesmos

O Goberno local do Porriño vén de esixir á Xunta de Galicia que corrixa de xeito inmediato a actual situación que teñen que soportar os porriñeses con diversidade funcional que non poden empregar os autobuses de ‘Faibus’  para desprazarse de Vigo a O Porriño. A…

@festivaldecans, que este ano conta coa meirande achega do Concello na súa historia, reforza a súa programación infantil co ‘MiniCans’ máis completo

O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición-na que a achega do Concello é a meirande da historia do certame- a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil. O entorno do Parque do Río…

A Concellería de Vías e Obras remata a reforma integral da estrada no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, en Budiño, incorpora saneamento, tubaxes de pvc e aumenta o ancha da vía ata os 8 metros

A Concellería de Vías e Obras vén de rematar no lugar da Lomba, no barrio de Vitureira, na parroquia de Budiño, a reforma integral da estrada que pasa por esta zona, “cumprindo cunha vella demanda dos residentes nesta parte do Porriño”. O tenente de alcalde,…

Alcadesas e alcaldes reiteran no Porriño o seu compromiso co futuro de Maderas Iglesias e, especialmente, co mantemento de 250 postos de traballo

As alcaldesas e alcaldes de Mos, Nidia Arévalo, As Neves,  Xosé Manuel Rodríguez, Salceda, Marcos Besada, Ponteareas, Xosé Represas, Mondariz, Xoán Carlos Montes, O Porriño, Eva García de la Torre, e  a tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcarcel, mantiveron este venres unha xuntanza no…

O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’

O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’ na que se agarda que centos de persoas dean conta de centos de pratos deste crustáceo, “digno de reis”, como sinalou a alcaldesa, Eva García de la Torre, durante a presentación.…

Dende este xoves, día 10 de maio, está aberta a inscrición para os Campamentos de Verán do Concello que, un ano máis, estan co-financiados pola Deputación de Pontevedra

Dende este xoves, día 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Concello do Porriño, que baixo o nome de ‘Leo e as viaxes polo tempo’, ten coma obxectivo, tal e como sinala a concelleira de Benestar e…