Todo listo para a III Feira do Pan do Porriño

Todo está xa preparado para a que será a III Feira do Pan do Porriño que este 2018 celébrase os días 1 e 2 de xuño, venres e sábado, na Praza de San Benito e que, como todos os anos conta co patrocino do Concello…

Máis de 200 triatletas tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26 de maio, no VI Triatlón Concello do Porriño

Máis de 200 triatletas- o número aínda pode aumentar dado que o prazo de inscrición non remata ata as 12 da noite de mañá- tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26, no Triatlón Concello do Porriño. A proba, que foi presentada este luns, pola…

Noemí García, finalista do concurso ‘La Voz Kids’, de Telecinco, actúa este domingo, ás 6 da tarde no Porriño, coma integrante de ‘Os MaiS’on fire’

Noemí García, finalista do concurso de Telecinco ‘La Voz Kids’, actúa este domingo, ás 6 da tarde, na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, coma integrante de ‘Os MaiS’on fire’,  un grupo de alumnos da Escola de Música e Danza MaiSon, do Porriño. Xunto…

@festivaldecans abre o venres día 25 unha retrospectiva das viñetas de @OBichero

O Festival de Cans inaugura o vindeiro venres, día 25 de maio, ás 8 e media da tarde, no ‘Cans Voulevar’ unha exposición retrospectiva  das viñetas de @OBichero, que retrataron o Festival durante os pasados anos.

@depo_es inicia as obras da glorieta do lugar da Costeira, na intersección de Cerquido-Budiño

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar nesta semana as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce  da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xa…

@festivaldecans pon este venres, día 18, á venta as derradeiras entradas para as proxeccións de curtametraxes

Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cans, que este ano conta coa meriande achega do Concello na súa historia, porá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras…