A concelleira de Vías e Obras inspecciona a execución de traballos no Polígono da Granxa e no lugar de Carreira, en Cans

  Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras inspeccionou este mediodía a execución de diversos traballos de arranxo de beirarrúas no Polígono Industrial de A Granxa que está a realizar o departamento que dirixe con medios propios e persoal contratado coa colaboración do Plan Concellos…

Iniciáronse hoxe a limpeza das fachadas e posterior arranxo da cuberta do Concello

  Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios. A previsión é que en sete días laborais a hidro limpeza estea rematada. Cando seque a pedra,…

A corporación aprobou por unanimidade o gasto de máis de 700.000€ en asfaltados e saneamentos; duplicar a achega ao Festival de Cans e retomar a atención presencial no Concello

A corporación municipal do Porriño aprobou por unanimidade dispoñer o gasto de 729.478 euros para obras de asfaltado e saneamento de vías municipais, segundo acordou o pleno ordinario de xullo celebrado onte. Trátase da primeira fase dun plan de actuación plurianual máis ambicioso valorado en…

Proxectase instalar lombos e pasos de peóns sobreelevados na estrada provincial 2401, entre Porriño e Mosende

O Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra fixo chegar ao Concello do Porriño as actuacións previstas no "III Plan Móvese" para aumentar a seguridade viaria nas estradas provinciais que, no que atinxe a este municipio, proxectan instalar "lombos" e pasos de peóns sobreelevados, na…

A concelleira Lourdes Moure anuncia a construción dun novo centro cultural para Mosende que atenderá unha vella demanda veciñal

A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure anuncia que “a parroquia de Mosende disporá dun novo Centro Cultural en condicións, atendendo deste xeito unha vella demanda veciñal que esta concelleira asumiu como un compromiso político e persoal”, segundo manifestou a segunda tenente alcalde. O…

Un zafarrancho de reparacións comezou hoxe pola praza do Concello e a rúa peonil

Esta mañá operarios do Servizo de Vías e Obras do Concello iniciaron un zafarrancho de reparacións de beirarrúas que se estenderá ao longo das vindeiras semanas polo centro urbano, parroquias e polígonos industriais. Comezaron co arranxo e reposición de baldosas de pedra na praza Arquitecto…