A alcaldesa de Porriño insta por carta á conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a crear unha mesa de traballo para retomar o plan de descontaminación do lindano

Eva García de la Torre enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para retomar o plan de descontaminación do lindano. A carta tivo data…

22 de marzo: Día Mundial da Auga

O venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, o Consorcio de Augas do Louro que actualmente preside Eva García, alcaldesa de Porriño, vai celebrar en Guillarei unha serie de actos vencellados coa data. Trátase de accions de divulgación e…

Unha marea de mocidade porriñesa chama a frenar o cambio climático

Centos de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos "Pino Manso" e "Ribeira do Louro", reclamaron ós políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado…

O Concello ofrece plena colaboración ó Consello de Contas

A conselleira María Begoña Villaverde e dous auditores do Consello de Contas confirmaron hoxe á alcaldesa Eva García que a supervisión a realizar por ese organismo refírese, exclusivamente, ó recoñecemento extrajudicial de crédito aprobado en 2017. Aquela operación por importe de dous millons setecentos mil…

CONSELLO DE CONTAS PIDE EXPLICACIONS DAS FACTURAS QUE O ANTERIOR GOBERNO DO PP DEIXOU SEN ABONAR

O Consello de Contas vai realizar unha auditoria polo recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en 2017 por un importe total de dous millons setecentos mil euros en facturas atrasadas que o actual goberno de Porriño que preside Eva García tivo que afrontar como consecuencia da…

Porriño é o concello pontevedrés que mellor recuperación económica tivo dende a recesión

Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estadística son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor recuperación económica presenta nos últimos dez anos. Dende 2009 incrementouse o número de cotizantes á Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses, por…