As alcaldesas de Salvaterra, Salceda e Porriño despregaron unha pancarta cun lazo negro en condolencia cos familiares das vítimas do accidente no Alto da Brava

  Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra do Miño xunto coas rexedoras de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e de Porriño, Eva Garcia despregaron hoxe unha pancarta cun lazo negro no viaduto de Parderrubias, na estrada PO-510, preto do Alto Da Brava onde pasou o venres…

Adif comunica traballos de mantemento no ferrocarril que afectarán ao tráfico de vehículos na área do paso a nivel

  A Policía Local notifica unha serie de cortes e cambios de tráfico rodado para vehículos, debido aos traballos de mantemento que ADIF realizará a partir das 23 horas deste domingo 21 e ata as 6 da mañá do luns 22, na zona do paso…

O Concello agradece a colaboración e comprensión da veciñanza coa campaña de vacinación anti-Covid

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece "a colaboración e a paciencia dos cidadáns para que a campaña de vacinación para maiores de 80 anos que comezou hoxe no Centro de Saúde transcorra sen aglomeracións", segundo a concelleira, Lourdes Moure. No…

A Policía Local colaborará para evitar aglomeracións no Centro de Saúde coa ocasión do inicio da vacinación aos maiores de 80 anos

A Policía Local colaborará a partir do vindeiro luns 22 para evitar aglomeracións no Centro de Saúde onde comezará a vacinación contra a Covd de persoas maiores de 80 anos dos concellos de Porriño, Mos e Salceda. O SERGAS ten previsto que cada día se…

Diversas intervencións de Protección Civil por inundacións

  O Grupo de Voluntarios de Protección Civil do Porriño realizou ao longo da madrugada e durante a madrugada varias intervencións a petición do 112 e da Policía Local, por balsas de auga e inundacións polas fortes choivas.   Segundo os rexistros da estación meteorolóxica…

O CTAG desenvolve un sistema intelixente para detección de semáforos que está a proba no Porriño

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria. Os responsables do CTAG, encabezados polo director xeral, Luis…