O Concello renovará instalacións de alumeado exterior en núcleos do Porriño, Chenlo, Cans, Atios, Torneiros e Mosende por medio millón de euros

Eva Garcia firmou hoxe o decreto da Alcaldía de adxudicación dos contratos para a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior que se executaran en diversas zonas do termo municipal. Tanto en núcleos do Porriño como das parroquias de Chenlo, Cans, Torneiros, Atios…

A Ordenanza de terrazas aprobada polo Concello regulará a ocupación de espazos públicos

O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP abstívose. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial…

Remata a pavimentación do camiño de Cavadas en Atios

No día de hoxe rematase de asfaltar o camiño de Cavadas, en Atios, segundo informa a Concellería de Infraestruturas. Non obstante, o vindeiro luns continúan cos traballos de levantado de tapas de pozos e arquetas, segundo indicou Pedro Pereira, concelleiro responsable desta intervención. A empresa…

O Concello suspende temporalmente o mercado ambulante, pecha parques infantís, recintos deportivos e centros culturais e anuncia unha nova liña de axudas á hostalería, comercio e autónomos

O Concello do Porriño suspenderá temporalmente o mercado ambulante durante as tres vindeiras semanas, segundo acordou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid. Tamén durante ese período de tempo pecharanse os parques infantís e os recintos culturais, sociais e deportivos, conforme ás restricións que…

O Porriño presenta ao Plan Concellos un proxecto de humanización da rúa Manuel Rodriguez e tres novas redes de saneamento en Atios e Pontellas

O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas. Das catro propostas, a máis ambiciosa polo…