O goberno municipal levará á Comisión de Seguimento da Covid, unha nova suspensión temporal do mercado ambulante

O goberno municipal porriñés levará mañá mércores (13 h.), á consideración da Comisión de Seguimento da Covid, varias propostas entre as que cabe subliñar unha suspensión temporal do mercado ambulante. Sería efectiva a partir do vindeiro 2 de febreiro e por espazo de tres semanas,…

A sesión plenaria de xaneiro será telemática

A Corporación Municipal do Porriño celebrará este mércores 27, sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, a partir das 18 horas. A alcaldesa Eva Garcia, á vista das novas restricións decididas pola Xunta de Galicia ante a virulencia desta terceira vaga da pandemia, acordou…

Novas restricións pola Covid, comunicadas pola Xunta de Galicia e de aplicación no Porriño a partir das cero horas do mércores 27

As novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a expansión da pandemia en Galicia terán unha duración de 3 semanas como mínimo. É dicir, ata o 17 de febreiro.Son de aplicación no Porriño e en todos os demais concellos galegos ➡️ Peche total…

A Comisión Municipal de Seguimento da Covid, convocada para o luns 25

Esta mañá a alcaldesa, Eva García firmou a convocatoria da Comisión Municipal de Seguimento da Covid que finalmente terá lugar o vindeiro luns 25, ás 13 horas. Garcia de la Torre indicou que a Comisión Municipal avaliará a adopción de posibles medidas locais adicionais, complementarias…

Protección Civil retirou árbores, postes, chapas e toldos derrubados polos refachos de vento

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que realizou diversas intervencións para retirar árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento. A incidencia máis grave ocorreu hoxe, de madrugada. Requiridos polo 112, acudiron a retirar varias árbores que caeron sobre…

A alcaldesa pide á Xunta información máis detallada sobre contaxios e hospitalizados do Porriño

Eva Garcia pediulle ao conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia información máis detallada sobre infectados e hospitalizados por Covid do Porriño.  A alcaldesa participou hoxe na reunión telemática que Julio Garcia Comesaña mantivo con todos os alcaldes da área sanitaria de Vigo. O Porriño…