
O Goberno local levará a cabo unha reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, cun investimento de 600.000€ dinanciado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da @depo_es
O Goberno local do Porriño acometerá a reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, un proxecto que disporá dun orzamento total de 600.000€ e que estará financiado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra. A alcaldesa, Eva García de la Torre,…

@festivaldecans incorpora 9 curtas a ‘FuraCans’, a súa nova sección competitiva de non ficción
Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de ‘FuraCans’. “Deste xeito, outorga un espazo preeminente a aqueles filmes que exploran as diferentes variantes do documental e…

Remata o asfaltado do Contrasto e este venres os técnicos e a directora da obra reúnense para tratar do proxecto para levar a Rede Municipal de Abastecemento a todo o barrio
Este mesmo xoves rematou o asfaltado no barrio do Contrasto, en Torneiros, para tapar o pavimento nas zonas da catas realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia que tomaron mostras para a realización dun ‘mapa’ sobre a presencia de lindano. As obras, que como todas…

As medidas adoptadas polo Goberno local para a mellora do alumeado e o cambio de caldeiras supoñen 100.000€ anuais de aforro no recibo do subministro de enerxía e 220 toneladas menos de emisión de dióxido de carbono á atmosfera
Esa é a cantidade que deixará de pagar o Concello do Porriño e a de CO2 que deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras, que abranguen dende a renovación das instalacións do alumeado…

@festivaldecans ten este ano a Burning coma prato forte da súa oferta musical
O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans está nas bandas e artistas que estarán nesta 15ª edición do certame. Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban &…

A exposición de fotografía ‘Viaxando’, aberta na OMIX do Porriño, no Centro Cultural Municipal, ata o vindeiro día 30
Ata o vindeiro luns, día 30 de abril, está aberta na OMIX do Concello- na planta baixa do Centro Cultural Municipal- a exposición de fotografía “Viaxando” que amosa os traballos presentados ao Certame de fotografía do mesmo nome. Este certame, conxuntamente coa exposición itinerante, está…