Executada a mellora de camiños rurais municipais en tres lugares da parroquia de Chenlo

Remataron as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas nos lugares de Ladeira, As Cales e Vilar, na parroquia de Chenlo, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Estas obras consistiron na mellora do firme e da drenaxe.…

Fomento amosa disposición favorable a ceder ao Concello o tramo da N-120 entre Cans e O Confurco

O Concello do Porriño trasladou hoxe ao Goberno Central a petición de que o tramo da estrada Nacional 120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expuxeron a petición…

O luns 7 comezan as obras de pavimentación de diversos viais en Torneiros

  O vindeiro luns 7 comezarán as obras de pavimentación de diversos viais no polígono residencial de Torneiros, proxecto que acomete o Concello do Porriño para a mellora das comunicacións nesta parroquia. O orzamento da obra é aproximadamente de 90.000 e a súa execución licitouse…

Concello e Deputación comprobaron as obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue

A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira comprobaron hoxe, xunto cos deputados provinciais, Carlos López Font e Santos Héctor o desarrollo das obras de reforma urbana na rúa Doantes de Sangue. A actuación tradúcese nunha ampliación de beirarrúas, mellora da…

Concello e Entidade Urbanística de A Granxa acometerán a reposición da rede contra incendios do Polígono Industrial

O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para establecer como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que tén unha lonxitude de 5 quilómetros. Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves,…

O mércores realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda sur das Gándaras

O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa. A empresa “ENDENOR, Construcción, Mantenimiento y Servicios”,…