Millerios de persoas gozaron en Porrigalia que este domingo despediuse ata 2018

Porrrigalia 2017 rematou este domingo con varios dos eventos máis agardados destes días de festa: a final dos Xogos, que este ano consistiron en Tiro de Corda, Tragabolas, Cuadrigas, Tres en Raia, Canasta, Tiro, Esquis Comunitarios e Tiratacos; o Desfile das comparsas, e o espectáculo…

Este 25 de xullo, aínda que sexa festivo, O Porriño celebra o seu mercadiño de todos os martes

Aínda que este, 25 de Xullo, sexa o Día de Galicia e festivo en todo o territorio galego, o habitual mercadiño do Porriño dos martes abrirá con total normalidade, como informa o concelleiro Orlando Márquez.

#Porrigalia2017 segue co ‘Desfile de Comparsas’ e as Finais dos Xogos antes do peche da man de Troula Animación e ‘Pa ti na ma’

Porrigalia seguiu este domingo co Desfile de Comparsas, que saíu preto do mediodía da Capela de San Sebastián cara á Praza de Antonio Palacios, no que, sen dubida, foi un dos momentos máis salientabéis da edición deste 2017.  Centos de persoas seguiron o desfile, no…

#Porrigalia2017 O comezo dos Xogos, que este domingo celebran as finais, e o concerto dos míticos ‘Obús’, encheron o Porriño este sábado

Aínda que este sábado empezara con choiva, obrigando á organización a facer algún cambios no programa, centos de persoas saíron á rúa para seguir gozando de Porrigalia 2017, que arrancou con animación na rúa, a cargo da Asociación Cultural Os Zoqueiros do Porriño, a Charanga…

#Porrigalia2017 Millerios de persoas saen ás rúas do Porriño para desafiar aos romanos

Porrigalia 2017 segue este sábado, día 22, pero con algúns cambios, por mor da choiva, na programación prevista para hoxe. A loita romana,anunciada para a 1 da tarde, pasa ás 6 da tarde, no mesmo lugar: a Praza de Antonio Palacios; rematada a loita darán…