
O Concello lembra que está prohibido depositar entullos na vía pública sen autorización
A concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, lembra que a cidadanía do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de citación previa, pois está prohibido deixar enseres na vía pública sen previo aviso. Informan dende a concellería que para desfacerse…

O novo goberno municipal potenciará a atención cidadá e a transparencia, e dedicará unha concellería á terceira idade
O alcalde Alejandro Lorenzo fixo público hoxe o reparto de responsabilidades e delegacións entre os seus concelleiros. Destaca a creación das áreas de Atención Cidadá e Transparencia que dependerán da concelleira Antía Carrera. A subliñar tamén a creación da área de Terceira Idade que…

Entrega do último lote de composteiros de 2021
A Concellería de Medio Ambiente citou hoxe a unha parte dos solicitantes de composteiros para vivendas unifamiliares que está a entregar o Concello do Porriño. As veciñas e veciños aos que se adxudican este lote, de 50 composteiros, acudiron ás instalacións do Multiusos de…

Eva Garcia anuncia que a adxudicataria do contrato de recollida de lixo comezará a traballar en xaneiro
Eva García recibiu na Alcaldía a Francisco Alonso, representante da empresa "SCG Servizos dos Concellos Galegos", empresa adxudicataria da recente licitación do contrato de recollida de lixo. Así mesmo, “SCG” encargarase da recollida selectiva e da xestión do Punto Limpo. Despois da entrevista, a alcaldesa…

Novos contedores para o aceite usado nas parroquias e no centro
A Concellería de Medio Ambiente informa que comezou a instalación dos novos contedores de aceite usado que se distribuen en todas ás parroquias e no centro da vila. O Concello procedeu a instalación destes contedores para a recollida de aceites vexetais usados domésticos,…

Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do próximo pleno municipal ordinario
Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas. Prepararán os asuntos do próximo pleno ordinario de setembro que terá lugar o día 29, ás 18:00 horas.Adxuntamos…