Este xoves ponse en marcha o servizo de recollida de cartón

A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informou hoxe de que este xoves, día 16 de xuño, comeza a funcionar o servizo específico para a recollida de papel e cartón comercial do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do Porriño. Os días establecidos…

Os colexios do Porriño implícanse coa compostaxe

Os nenos e nenas do CEIP da Ribeira mergúllanse no mundo da compostaxe da man do Concello do Porriño. O alumnado do centro participou esta semana na “Posta en marcha do composteiro” e, da man da técnico de medio ambiente, montaron o seu propio composteiro…

O Porriño pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón comercial

O Concello do Porriño continúa coa súa aposta pola reciclaxe e a favor do medio ambiente poñendo en marcha un servizo específico para a recollida de papel e cartón do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do municipio. O concelleiro de Limpeza, José Carlos González,…

Colocar carteis publicitarios sen permiso conleva multas de ata 3.000 euros

O Concello do Porriño lembra que colocar carteis publicitarios na rúa fora das zonas habilitadas e sen permiso está prohibido. A “Ordenanza municipal reguladora de convivencia cidadá, limpeza de vías públicas e recollida de residuos”, aprobada no ano 2010, prohibe a colocación e pegado de…

O Porriño propón a contratación de 43 persoas desempregadas para apoiar os servizos municipais

O Concello do Porriño vén de presentar un plan de apoio á prestación de servizos municipais que permitirá a contratación de 43 persoas desempregadas que desenvolverán función nos diferentes departamentos municipais. “Os cidadáns do Porriño cumpren co seu deber e pagan os seus impostos e…

O Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais

Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, advertiuse hoxe que o Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais que se están a detectar no municipio. A concelleira amosou a súa preocupación polo aumento de depósitos de residuos en zonas…