
O luns 10 abrirase a inscripción para o Campamento de Verán 2019
A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño informa que un ano máis organízase o Campamento de Verán 2019, cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, como medida de conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Esta actividade vai dirixida a tod@s rapaces e rapazas nados…

Proxección de curtametraxes do Proxecto “Xénero Historias”
O venres 7 de xuño, no Círculo Recreativo e Cultural realizaráse a proxección das curtametraxes participantes no "Proxecto "Xénero Historias". Tratase de traballos audiovisuais protagonizados polo alumnado de Secundaria dos diferentes centros escolares do Porriño que participaron nesta iniciativa formativa contra a violencia de xénero.…

Charla sobre “Empatía e boa comunicación”
O venres 31, ás 19,30 horas, no Centro Cultural Municipal, dous especialistas en comunicación invitados polo Concello de Porriño ofrecerán unha charla titulada “A importancia da empatía e boa comunicación”. .Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais ponderou "a enorme valía dos dous poñentes" que protagonizarán…

Conclue o curso de defensa persoal feminina que podería ter continuidade moi cedo
A alcaldesa Eva García de la Torre asegurou que “o Concello de Porriño subvencionará un segundo curso de defensa persoal feminina” como continuidade do que rematará mañan sábado 25. A idea de continuar con máis clases xurdeu dalgunhas das participantes de Porriño que prantexaron esa idea…

“CORTO E CAMBIO”: presentamos as dez pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses para alertar contra o consumo de drogas, alcol e tabaco.
Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa "Corto e cambio". As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de…

INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO
A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Lourdes Moure, concelleira de Educación; Walter Alvarez , director territorial…