Aberto o prazo para inscribirse nas actividades que ofrece, de balde, a Biblioteca Municipal do Porriño

A Biblioteca Municipal do Porriño segue a súa programación de cursos e actividades para 2017, co obxectivo de que a mesma siga a ser un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e un servizo público de importancia na sociedade actual. Con esta finalidade, vense…

A concelleira de Benestar pecha os Campamentos de Verán do Porriño nos que participaron, dende o mes de xullo, 40 nenas e nenos cada semana

A concelleira de Benestar, Soledad Girón, pechou, coa entrega de diplomas ás cativas e cativos participantes, os Campamentos de Verán do Porriño, que o Concello organizara dende o pasado 3 de xullo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Como subliñou a concelleira, o obxectivo destes…

A Concellería de Vías e Obras acomete, con dúas achegas da Deputación de Pontevedra por valor de 60.000€ a substitución do tellado da Escola Unitaria de Covelo, en Atios

A Concellería de Vías e Obras está a levar a cabo a substitución do tellado da antiga Escola Unitaria de Covelo, en Atios, dada a súa perigosidade para os veciños. A cuberta, coma subliña o alcalde accidental Manuel Carrera, estaba nun estado de total deterioro,…

Homenaxe, este domingo, na ‘Volta da Moura’ a 9 veciños do Porriño asasinados polo exército franquista días despois do Golpe de Estado de 1936

O lugar da ‘Volta da Moura’, servirá de escenario, este domingo día 6 de agosto, ás 7 e media da tarde, para lembrar a 9 veciños do Porriño que foron asasinados polo Exército franquista días despois do golpe de Estado de xullo de 1936. Un…

Este xoves, día 3, na Praza de Antonio Palacios, proxección da película ‘Trolls’

Este xoves, día 3 de agosto, ás 9 e media da noite, na Prza Arquitecto Antonio Palacios, ‘Trolls’, unha película do ano 2016, para todos os públicos. https://www.youtube.com/watch?v=dwSVxLssdVE Coñecidos polos seus pelos de cores, tolos e máxicos, os Trolls son as criaturas máis felices e…

Este xoves, día 27 de xullo, ás 7 da tarde, Pleno Ordinario do Concello

Convocado para este xoves, día 27, ás 7 da tarde, o Pleno Ordinario do Concello do Porriño correspondente ao mes de xullo.