
A actividade “O Pintamuros 2.0” comeza nos colexios do Porriño
A actividade "Pintamuros 2.0", promovida pola OMIX de Porriño e a Concellería de Educación dirixida por Lourdes Moure, comezou esta semana. Unha das primeiras paradas foi no Colexio Santo Tomás como vemos nas imaxes adxuntas. Máis información na seguinte ligazón. https://ecultura.net/o-pintamuros-2-0/

O Concello apoia a candidatura do neno porriñés Lucas Giráldez Fernandes aos premios da “Fundación Romper Barreras”
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure recibiron esta mañá no Concello a Lucas Giráldez Fernandes, un rapaz porriñés de 13 anos que opta aos premios nacionais da "Fundación Romper Barreras". Lucas é a única persoa porriñesa candidata a estes galardóns…

A concelleira de Educación visitou o autobús “Creactivity”, un espazo para promover o enxeño de nenos e adultos
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa "Fundación La Caixa", organizan a actividade "Creactivity" que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consiste en obradoiros que se realizan en colaboración cos centros educativos do municipio. …

Chega ao Porriño “Creactivity”, un espazo para promover o enxeño
A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, en colaboración coa "Fundación La Caixa", convidan a participar na actividade "Creactivity" que é un espazo itinerante promovido pola entidade financeira. Consistirá en obradoiros que se realizaran polos centros educativos do municipio.Os días 15,…

A concelleira de Educación visitou o CEIP “Fernández López” no primeiro día do curso 2021/2022
Lourdes Moure, concelleira de Educación asistiu ao colexio "Fernández López" con motivo do primeiro día do curso 2021/2022 que comezou hoxe en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. No concello de Porriño iniciaron hoxe as clases preto de 2.000 nenas e nenos destes niveis educativos,…

A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar a matrícula para o curso 2021/22
Dende o martes 14 ata o venres 17 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 horas, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño. …