
O porriñés Ricardo Baz, campión de España de Jiu Jitsu no seu peso e bronce en ‘kimono’
O porriñés Ricardo Baz segue a darnos satisfacción despois de facerse co Campionato de España de Jiu Jitsu, acadando o ouro do seu peso (Nogui) e pendurándose o bronce en ‘kimono’. Baz, veciño de Atios, xa se fixera con dúas medallas no Campionato de Europa…

CD Choco e C.F. Agrupación estudiantil, a pola Copa Deputación de Fútbol , o sábado no Campo de Lourambal
O CD Choco e C.F. Agrupación Estudiantil disputan este sábado, día 9 de xuño, ás 5 da tarde, no Lourambal, a Final Masculina da XI Copa Deputación de Fútbol. Á final está prevista a asistencia da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O Porriño, sede da 10ª edición do ‘Torneo Catro Nacións de Balonmano Feminino’ que terá lugar esta fin de semana entre Cataluña, Euskadi, Guinea e Galicia
A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un…

O Campo do Lourambal será escenario, dende o vindeiro día 18, do ‘3º Curso de Monitor de Fútbol Base’, organizado pola Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello do Porriño
O Campo do Porriño Industrial, Lourambal, será o lugar elixido pola Federación Galega de Fútbol para o desenrolo do 3ºCurso de Monitor de Fútbol Base, que empezará o vindeiro día 18 de xuño, e que cunha duración de 65 horas habilitará aos asistentes para adestrar…

Suspendida a VI edición do ‘Triatlón Concello do Porriño” por mor da explosión en Tui
O Goberno local do Porriño, dacordo cos organizadores da VI edición do 'Triatlón Concello do Porriño”, logo da explosión ocorrida no barrio de Paramos, en Tui, veñen de decidir a suspensión da proba que ía disputarse o vindeiro sábado día 26 de maio. Hai que…

Máis de 200 triatletas tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26 de maio, no VI Triatlón Concello do Porriño
Máis de 200 triatletas- o número aínda pode aumentar dado que o prazo de inscrición non remata ata as 12 da noite de mañá- tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26, no Triatlón Concello do Porriño. A proba, que foi presentada este luns, pola…