O albergue do Porriño volve bater marcas de peregrinos a Compostela: 5.643 durmiron no mesmo o pasado ano, 2.250 máis dende 2015, o que supón un crecemento de máis do 66% en so 3 anos

Un total de 5.643 peregrinos a Compostela durmiron no albergue do Porriño o pasado ano, 429 máis que en 2016, o que supuxo un incremento do 8,22%. Por terceiro ano consecutivo aumenta o número de persoas que dormen no concello no seu paso cara a…

A Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da Alcaldía, retoma as ‘Visitas Escolares’ e o ‘Clube de Lectura Infantil’

Este ano 2018 a Biblioteca Municipal do Porriño, dependente da Alcaldía, renovará o servizo das ‘Visitas Escolares’ dándolle un novo enfoque e organizando a actividade de xeito regular para todo o curso 2017-18. A finalidade desta actividade é potenciar as liñas de cooperación entre a…

O Concello do Porriño destinará un total de 20.000€- o maior investimento da súa historia- ao Festival de Cans que este 2018 chega á súa XV edición

Así transmitiullo a alcaldesa, Eva García de la Torre, ao director do certame, Alfonso Pato, e a presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do mesmo, Keka Iglesias, nunha xuntanza á que tamén asistiron as concelleiras de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, e Educación e Seguridade,…

Todo listo para a Cabalgata de Reis do Porriño que sairá este venres ás 6 da tarde

O Porriño ten ultimada xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila este venres,  día 5, ás 6 da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola…

Volta aos anos 80 na Festa Pre-Fin de Ano coa que O Porriño despide o sábado, día 30, este 2017

Como xa é tradicional, O Porriño dille adeus ao ano cun día de antelación. Este sábado día 30, na carpa municipal a ‘Festa Pre-Fin de Ano’ levará aos asistentes á despedida de 1979 e a benvida de 1980…ano ao que vai adicada esta noite. A…

@festivaldecans abre a convocatoria de obras a concurso para a súa XV edición

O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición  do 23 ao 26 de maio de 2018, abriu este martes, díia 26 de decembro, a súa convocatoria de obras a concurso que, sinalan dende a organización “presentará moitas novidades con respecto á edición anterior”.…