
O Concello dalle a palabra aos estudantes dos distintos centros públicos da vila e segue adiante coa proposta para que O Porriño sexa Cidade Amiga da Infanciaque promove UNICEF
Como adiantara o mes pasado, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, xa está en marcha o proxecto que permitirá que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos do Porriño, poidan expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupen, así como tamén…

Xa podes consultar toda a Programación Cultural de novembro
Xa podes consultar a Programación Cultural de novembro no Porriño premendo aquí, entrando en http://ecultura.net/, ou nas redes sociais municipais, Facebook- Concello do Porriño- ou Twitter-@PorriñoConcello-.

Tecendo Lazos: O Noso Son: bailes e cancións de Agora e de Sempre.Canta-Avoas
Desde á Concellería de Mocidade (OMIX) do Concello do Porriño en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, levaremos a cabo este venres, día 3 de novembro de 2017, no edificio Socio-comunitario, o programa ‘Tecendo Lazos’. A través dun obradoiro interxeracional, contribuiremos á difusión da tradición…

Actividades do Punto SmartPeme do Porriño para o mes de novembro
O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de novembro distintas sesións de capacitación tecnolóxica, gratuitas, que terán lugar na súa sede no Multicentro do Concello do Porriño en Torneiros. O martes 7 de novembro ás 19:00: Facebook Ads; o xoves 9, á mesma hora:…

O Concello e os veciños do Porriño renden homenaxe aos 32 voluntarios de Protección Civil e Policía Local pos súa “excepcional entrega” durante os lumes do pasado día 15
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre xunto coa concelleira de Seguirdade, Lourdes Moure, a de Igualdade e Benestar, Soledad Girón, e o concelleiro de Limpeza, Orlando Mázquez, rendeu homenaxe, “no nome da Corporación e de todas veciñas e veciños”, aos 23 voluntarios…

Simulacro de incendio no IES Ribeira do Louro, dirixido polo xefe da Policía Local e no que interviron membros de Protección Civil do Porriño
Alumnos e profesores do IES Ribeira do Louro participaron nun simulacro, non comunicado, de incendio dirixido polo xefe da Policía Local, Daniel González,no que interviron membros de Protección Civil do Porriño. O mesmo , como sinalou a concelleira de Educación, Lourdes Moure, tiña coma finalidade…