O Porriño volve a liderar a creación de emprego na Área Metropolitana e a finais de outubro había traballando 500 veciños e veciñas máis que cando o actual Goberno local chegou ao Concello

O Porriño liderou en outubro, xunto con Salceda de Caselas, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo, como xa pasara no me de setembro. A finais do mes pasado había na vila 1.642 persoas desempregadas, unha realidade inaudita no Porriño dende hai preto…

A alcaldesa entregou na Aula CeMIT do Porriño os diplomas ás veciñas e veciños que adquiriron coñecementos en OpenCart, deseño con Qcad, edición ou creación de páxinas web con WordPress

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Benestar, Igualdade e Emprego, Soledad Girón, fixo entrega este xoves na  Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do Porrriño, dos diplomas aos alumnos a alumnas…

O Concello dalle a palabra aos estudantes dos distintos centros públicos da vila e segue adiante coa proposta para que O Porriño sexa Cidade Amiga da Infanciaque promove UNICEF

Como adiantara o mes pasado, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, xa está en marcha o proxecto que permitirá que nenos, nenas e adolescentes dos distintos centros públicos do Porriño, poidan expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que mais lle preocupen, así como tamén…

Xa podes consultar toda a Programación Cultural de novembro

Xa podes consultar a Programación Cultural de novembro no Porriño premendo aquí, entrando en http://ecultura.net/, ou nas redes sociais municipais, Facebook- Concello do Porriño- ou Twitter-@PorriñoConcello-.

Tecendo Lazos: O Noso Son: bailes e cancións de Agora e de Sempre.Canta-Avoas

Desde á Concellería de Mocidade (OMIX) do Concello do Porriño en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, levaremos a cabo este venres, día 3 de novembro de 2017, no edificio Socio-comunitario, o programa ‘Tecendo Lazos’. A través dun obradoiro interxeracional, contribuiremos á difusión da tradición…

Actividades do Punto SmartPeme do Porriño para o mes de novembro

O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de novembro distintas  sesións de capacitación tecnolóxica, gratuitas, que terán lugar na súa sede no Multicentro do Concello do Porriño  en Torneiros. O martes 7 de novembro ás 19:00: Facebook Ads; o xoves 9, á mesma hora:…