Manifestación, este martes, día 27 para reclamar unha solución urxente ao Centro de Saúde

A xunta de portavoces do Concello do Porriño, reunida o pasado mércores 14, acordou facer un chamamento ás veciñas e veciños, asociacións, sindicatos e diferentes colectivos do Porriño para mobilizarse este martes día 27 para reclamar á Xunta de Galicia unha solución urxente ao Centro…

Reformados e adaptados para persoas con diversidade funcional 6 parques infantís cun orzamento de máis de 72.000€

O Goberno local ven de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila, que en moitos casos “non se tocaran en anos”,  e que xa están en funcionamento ou, coma o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende esta mesma semana,…

150 rapaces e rapazas participan, no CEIP Fernández López, no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño

Un total de 150 rapazas e rapaces participaron no II Torneo Escolar de Xadrez do Porriño que se disputou este ano no CEIP Fernández López entre xogadoras e xogadores de 6 a 16 anos, todos eles alumnas e alumnos de centro educativos do Porriño. O…

O Concello segue adiante coa limpeza das parroquias completando a de Torneiros en lugares que “non se limparan nunca”

O Concello está a levar a cabo unha completa labor de limpeza no Porriño, traballos que, como adiantara hai unhas semanas a alcaldesa, Eva García de la Torre, chegará a todas as parroquias. Nas mesmas estase a completar o desborde dos camiños, corte de maleza,…

A Corporación do Porriño apoia ás nais e pais do CPI da Ribeira e rexeita, de novo, o peche das aulas da ESO do centro

Varios membros da Corporación Local, entre eles a alcaldesa, Eva García de la Torre, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o voceiro de EU Son, Pedro Ocampo apoiaron, de novo, a reivindicación das nais e país do Centro Público de  Integración (CPI) da Ribeira…

As alumnas e alumnos do Pino Manso reciben este luns o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia

Os alumnos e alumnas do IES Pino Manso recibirán este luns –ás 11 e media da mañá- o ‘Premio de Cooperativismo’ do Goberno de Galicia, pola realización dun mapa dixital de accesibilidade en cadeira de rodas a establecementos da contorna empregando as novas tecnoloxías. O…