Os concellos do Porriño e Tomiño colaboran na mellora das políticas de infancia nos seus territorios

Os Concellos de Porriño e Tomiño, ambos declarados “Cidades Amigas da Infancia” pola UNICEF, van colaborar mutuamente en políticas para os nenos e nenas nos seus territorios. Así estableceuse despois dunha primeira reunión de traballo que mantiveron na casa consistorial porriñesa. A alcaldesa de Porriño,…

As obras de reforma e mellora da “Galiña Azul” de Torneiros realizaronse en quince días costeadas polo Concello

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure. En presenza das…

O goberno municipal de Porriño lamenta a deslealdade institucional tanto do conselleiro de Sanidade como do voceiro do PP local

O goberno municipal de Porriño lamenta a deslealdade institucional e as malas formas do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e do voceiro municipal do PP local que polo afán de protagonizar unha foto, traizoaron o procedemento que rixe as relacions entre institucions. Neste…

A Xunta de Galicia confirma ó Concello a subvención para o obradoiro de emprego “Porriño Xove”

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria  ven de confirmar ó Concello a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado “Porriño Xove”. Dezaseis aspirantes serán seleccionados como alumnos traballadores nas seguintes especialidades…

O Catrastro insta ó Concello de Porriño a acometer unha revisión pendente dende hai 34 anos

Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.…

Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica

Os datos aportados esta semana polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 Porriño tivo un saldo vexetativo positivo é dicir máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón…