
A alcaldesa pediu ao conselleiro de Sanidade un cribado masivo no Porriño ante o aumento dos contaxios
Eva García solicitou hoxe ao Conselleiro de Sanidade que o Sergas realice un cribado masivo no Porriño ante o incremento de contaxios que ven producíndose nos últimos días. A alcaldesa propuxo a Julio García Comesaña que o Servizo Galego de Saúde "retome esa idea…

O programa “Porriño Accede” conseguiu 75 prazas de emprego
O programa de formación e inserción "Porriño Accede" obtivo a inserción laboral de 75 persoas, todas elas residentes no municipio, durante este ano 2020. A maioría das inseridas no mercado laboral estaban desempregadas. Todos eles participaron nos cursos de aprendizaxe impartidos por "Porremprego" no Multiusos…

Diversas intervencións de Protección Civil por inundacións
O Grupo de Voluntarios de Protección Civil do Porriño realizou ao longo da madrugada e durante a madrugada varias intervencións a petición do 112 e da Policía Local, por balsas de auga e inundacións polas fortes choivas. Segundo os rexistros da estación meteorolóxica…

O CTAG desenvolve un sistema intelixente para detección de semáforos que está a proba no Porriño
O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria. Os responsables do CTAG, encabezados polo director xeral, Luis…

O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal “O Concello informa” a través dunha aplicación para o móbil
O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns. “O Porriño informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciños e veciñas sobre bandos, anuncios, noticias…

A alcaldesa alégrase de que a Xunta alivie restricións no Porriño e se recupere a mobilidade con Mos e Vigo
Eva Garcia manifestou este mediodía a súa satisfacción polo alivio das restricións no Porriño que ven de decidir a Consellería de Sanidade, despois de escoitar ao comité clínico. A alcaldesa felicitase de que a Xunta aceptase equiparar ao Porriño cos concellos de Mos, Vigo, Gondomar…