O Porriño vai ter Festas do Cristo “diferentes e seguras” neste 2020

  O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo. No…

A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes sexa seguro no comezo das clases

Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a…

O Concello amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de sinistros laborais

O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador…

A alcaldesa pide unha reunión ao novo conselleiro de Sanidade para tratar o proxecto de ampliación do Centro de Saúde

A Alcaldesa, Eva Garcia de la Torre, solicitou hoxe por carta unha reunión ao novo Conselleiro de Sanidade para abordar o estado do proxecto de ampliación do Centro de Saúde do Porriño. A alcaldesa lembra ao novo titular do departamento, Julio Garcia Comesaña que hai…

O Porriño, por terceiro mes consecutivo, medra en emprego fronte á tendencia da área metropolitana. 186 persoas saíron das listas do SEPE neste Concello.

  David Alonso, concelleiro de Emprego salientou hoxe nunha declaración oficial, que “O Porriño ven de acreditar en agosto, por terceiro mes consecutivo, un descenso do número de parados rexistrados o que confirma a boa labor de todo o tecido empresarial e industrial do noso …

O VENRES 4 COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA OPOSITAR POR 3 PRAZAS DE INTERINOS NO CONCELLO

A partir de mañá venres 4 de setembro, os interesados en participar na convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, poderán comezar a presentar as súas solicitudes. Hoxe, xoves 3, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG…