Volve a Feira do Libro ao Porriño
Este venres, ás 11,30 horas e nas instalacións da Biblioteca Municipal, terá lugar a presentación da V Feira do Libro do Porriño, un evento cultural que volve ás rúas da nosa vila despois dun ano de parón forzoso pola pandemia. Representantes da Federación de Libreiros…
As visitas guiadas teatralizadas retoman os actos do “Ano Antonio Palacios” en lembranza do excepcional arquitecto porriñés
O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés. Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto…
Convocadas comisións informativas municipais que prepararán o vindeiro pleno corporativo
A aprobación definitiva do contrato coa nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán nas comisións informativas que se celebrarán este venres 21, preparando o vindeiro pleno ordinario da Corporación que terá lugar o mércores 26. A aprobación provisoria…
O Tribunal de Contas do Reino arquiva a denuncia feita polo voceiro do PP contra a alcaldesa, Eva Garcia e varios concelleiros, por diversas contratacións
Este mediodía o Tribunal de Contas do Reino comunicou a resolución pola que non admite a trámite a denuncia feita por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP que acusaba de supostas contratacións irregulares á alcaldesa, Eva Garcia e a varios concelleiros do goberno municipal. O…
A alcaldesa comprobou o avance das catas xeotécnicas para o proxecto de supresión do paso a nivel
A alcaldesa, Eva Garcia comprobou este mediodía o avance das catas que se realizan cara á redacción do estudo xeotécnico, estudio de alternativas, proxecto básico e de construtivo para suprimir o paso a nivel no centro do Porriño. Estes traballos realizanse polas empresas "GOC" e…
O Concello galardoado pola Xunta e “Ecoembes” pola súa achega á campaña “Recicla e únete ao reto”
O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca" O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta de Galicia e "Ecoembes" pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, "Recicla e únete ao…
