
Dous axentes da Policía Local evitaron un suicidio desde unha ponte no polígono das Gándaras
Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrada pola parte exterior da varanda…

A alcaldesa reunirase en Madrid co “Adif” para coñecer as xestions para acadar fondos da UE para suprimir o paso a nivel
Eva García de la Torre viaxará o xoves a Madrid para manter unha reunión de traballo con responsables do “ADIF” (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) a fin de coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso…

Hoxe celebrase pleno municipal ordinario de maio
A aprobación definitiva do contrato coa empresa "Soom Management", nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán no pleno municipal ordinario que celebrará esta tarde a corporación local, a partir das 18 horas. A aprobación provisoria desa adxudicación decidiuse…

Firmada na notaría a venda dunha parcela municipal á empresa “Iberembal”para a construcción dunha fábrica de envases metálicos
Eva García, alcaldesa do Porriño firmou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa "Massilly Ibérica Iberembal", a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal. O predio ten 13.335 metros cadrados de…

Instrucións para inscribirse como público para o vindeiro pleno municipal
O vindeiro pleno da corporación municipal do Porriño celebrarase o mércores 26 (18 horas) e volverá a ser público. Coa ocasión das restricións de aforamento e dado que o salón de plenos ten capacidade para 32 persoas, tan só se permitirán 10 persoas como público.…

A Audiencia Provincial arquiva a causa xudicial emprendida polo voceiro municipal do PP pola compra dos locais a “Promocións Guanabara”
A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou a causa xudicial emprendida por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do Partido Popular por suposta prevaricación administrativa contra a alcaldesa e o goberno municipal do Porriño. O feito denunciado foi a compra dos locais a “Promocións Guanabara” que realizou o…