O Concello amosa a súa condolencia polo falecemento de Alvaro Cunqueiro que fora xefe da Policía Local

A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos.…

A empresa contratada polo ADIF para facer as catas para o proxecto de supresión do paso a nivel, comezará neste mes a realizar as sondaxes

  A alcaldesa Eva Garcia autorizou hoxe á empresa “GOC Consultoría e Ingeniería” a executar as catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel en O Porriño. Tratase do estudo xeo técnico a incluír no proxecto construtivo que acomete o…

O pleno aprobou o plan de axudas “Porriño Impulsa 2021″e decidiu a nova concesionaria da Piscina Municipal

O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal.  Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica…

Este martes retomarase o pleno de marzo no punto onde fora interrumpido

Este martes 6, a partir das 17 horas, retomarase o pleno ordinario que comezou o pasado mércores 31. A sesión será retomada no punto número 10 da orde do día. Exactamente no punto onde a sesión do mércores foi interrompida ao ordenar a alcaldesa un…

Presentación do certame “A Miña Avoa”, un xogo para dinamizar o comercio local

  O Concello do Porriño , a través da Concellería de Festexos e a OMIX presentará este luns "A miña Avoa", unha iniciativa que vai poñer en marcha contando coa colaboración da Asociación de Comerciantes (Acipor), os Hostaleiros do Porriño (Ahospor), e os establecementos non…

A Concellería de Patrimonio restaura a fonte da María Rosa en Pontellas

Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal.…