O goberno de Alejandro Lorenzo decide prescindir de 5 coches do parque móbil municipal para aforrar gastos innecesarios

O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros…

Unha patrulla da Policía Local vixiará os polígonos residenciais de Torneiros

O Goberno Local reforza a presenza policial atendendo a unha das principais demandas da parroquia   Unha patrulla da Policía Local do Porriño vixiará os polígonos residenciais de Torneiros. A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, decidiu intensificar a presenza policial naqueles puntos…

Alejandro Lorenzo convoca pleno municipal para o vindeiro mércores 12

O novo goberno municipal do Porriño afrontará o mércores día 12 o seu primeiro pleno corporativo, desde a investidura de Alejandro Lorenzo como rexedor, ocorrida o pasado 23 de decembro. Será sesión ordinaria, que comezará ás 18.00 horas e cunha orde do día composta por…

O goberno municipal iniciou por Torneiros unha ronda polas parroquias para desenvolver un plan de actuacións especiais

O alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro, Bienvenido Estévez, responsable de Parroquias no goberno municipal reuníronse con integrantes da nova “Asociación de Veciños e Veciñas das parroquias e polígonos de Torneiros” para coñecer de primeira man as demandas máis urxentes da veciñanza. Este encontro é…

O Porriño sumouse á campaña “Acende o Xacobeo”

  A Casa do Concello do Porriño xa loce desde esta tarde, a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda xunto co alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo…

O Alcalde ponderou “o comportamento admirable do público” no Desfile de Rondallas que foi “un sopro de aire fresco”

O alcalde Alejandro Lorenzo valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo. O rexedor municipal fixo hoxe unha valoración do acto que foi “un sopro de aire fresco que todos necesitabamos e…