Novo horario do autobús a praia América

A partir do sábado, 30 de xullo, esta liña de frecuencia diaria terá o seguinte horario:  Saída desde Porriño (parada de autobuses da Avda. de Galicia) ás 13:30 h  Volta desde praia América (Rotonda de Rans) ás 20:30 h

O Porriño defenderá os seus intereses fronte ao Concello de Vigo polo canon da auga

O Concello do Porriño continuará solicitando a revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación do Concello de Vigo polo que se  impón unha tarifa polo subministro de auga. A revisión deste acordo plenario, que data do ano 1998, foi solicitada polo Concello…

Arqueólogos buscan no Porriño os primeiros vestixios do home en Galicia

Un equipo de arqueoloxía busca no Porriño vestixios dos primeiros homes de Galicia. Os investigadores, liderados polos arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas (Universidade de Vigo) e Manuel Santonja (prestixioso arqueólogo do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana CENIEH),  interveñen no xacemento das Gándaras de Budiño…

Unha liña de autobús conectará O Porriño con praia América

Atendendo á solicitude do Concello do Porriño en resposta ás demandas da veciñanza O Porriño contará cunha liña de autobús que conectará o núcleo urbano con praia América, en Nigrán. A nova liña entrará en funcionamento o vindeiro luns, 18 de xullo, con frecuencia diaria,…

O Porriño suprime a taxa por matrimonio civil

Casarse no Porriño é gratis. O Concello vén de acordar a supresión da taxa pola prestación deste servizo estipulada na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de matrimonio civil do Concello do Porriño”. A mesma, en vigor dende o ano 2012, estipulaba…

O Consorcio de Augas do Louro rebaixa o prezo por baleirado de fosas sépticas

O Comité Directivo do Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas, e o posterior traslado dos residuos ás instalacións da…