
As Festas en honra de San Sebastián, os vindeiros días 25, 26 e 27 de agosto, venres, sábado e domingo
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián. O venres, día 25, Exposición de fotos do Porriño Antigo…

A Corporación do Porriño convoca unha concentración ás 12 horas en contra do terrorismo e en apoio ás vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils
A Corporación Municipal do Porriño invita ás veciñas e veciños a participar este venres, día 18 de agosto, ás 12:00 h. nunha concentración, diante do Concello, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, para amosar o seu rexeitamento do terrorismo e dar o seu apoio ás…

A concelleira de Benestar pecha os Campamentos de Verán do Porriño nos que participaron, dende o mes de xullo, 40 nenas e nenos cada semana
A concelleira de Benestar, Soledad Girón, pechou, coa entrega de diplomas ás cativas e cativos participantes, os Campamentos de Verán do Porriño, que o Concello organizara dende o pasado 3 de xullo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Como subliñou a concelleira, o obxectivo destes…

Festas de San Roque, en Torneiros dende este martes, 15 de agosto
Dende este martes, día 15, seguindo o mércores, 16, e o xoves, día 17 de agosto, Torneiros celebra as Festas en honra de San Roque.

Empeza a substitución das papeleiras no Porriño, colocaranse cinceiros e ‘pipi-cans’ e aplicarase, de xeito rigoroso, a Ordenanza de Convivencia Cidadá
A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas. As novas papeleiras,…