O mércores 27, pleno municipal telemático

O vindeiro mércores 27, a corporación local de O Porriño celebrará pleno municipal. Será por vídeo conferencia a través de medios telemáticas. Trátase dunha sesión ordinaria e polo tanto terá lugar a partir das 18 horas. A orde do día contempla 18 asuntos, ademais de…

O Porriño en fase 2: medidas de control no acceso ao Concello e reincorporación do persoal nos departamentos municipais

Dende hoxe luns 25, coa entrada de Galicia na fase 2 do plan de desescalada, o Concello do Porriño comeza unha progresiva normalización da súa actividade e servizos. Unha das novidades é un pórtico de control de temperatura e medidas de hixiene para as persoas…

Consorcio de Augas do Louro reabre as oficinas de atención presencial ao público

Dende o vindeiro luns 25 de Maio volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos que integran o Consorcio de Augas do Louro: O Porriño, Tui, Salceda de Caselas e Mos.Lembramos que no Porriño, as oficinas de…

Alíviase o estado de alarma no Porriño coas disposicións publicadas hoxe no BOE

O Boletín Oficial do Estado publica este venres a orde ministerial pola que as saídas para paseos e deportes non teñen que realizarse dentro dunhas franxas horarias concretas naqueles concellos ou núcleos de poboación que non superen os 10.000 habitantes. Esta dispensa da que viñan…

Os veciños que aínda carezan de máscaras de protección, poden acudir á sede da Policía Local para recollelas

A Alcaldía do Porriño informa que ante as peticións nas redes sociais do Concello de veciños e veciñas que aínda non recibiron máscaras de protección, poden acudir a partires de mañá venres 22 á sede da Policía Local para recollelas. En horario matinal. Entregaranse un…

O Concello pechará por tramos horarios a rúa Pío XII para fomentar a mobilidade peonil e a reactivación económica

Un decreto da Alcaldía do Porriño establecerá, a partir do vindeiro venres 22, un peche ao tráfico rodado, por tramos horarios, da rúa Pío XII para fomentar a mobilidade peonil e ao tempo, a reactivación económicos de sectores coma hostalaría e comercio de proximidade. O…