O Concello celebrará mañá venres pleno extra para sortear de novo os memrbos das mesas electorais

O Concello do Porriño ven de convocar para mañá venres, ás 13 horas, pleno extraordinario da Corporación Municipal para realizar o sorteo dos veciños que serán membros das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo. Dado que se trata dunha sesión…

Sae a licitación o proxecto de humanización da rúa Aloques co cargo o Plan Concellos 2020

O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020. Este proxecto do goberno municipal, a proposta do concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expón o tratamento…

O ORAL abre prazo para personalizar o pago de recibos do IBI, IAE e vehículos

O ORAL, o órgano desconcentrado da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar cos concellos (entre eles O Porriño) na xestión, inspección e recadación dos tributos locais, informa que está aberto o prazo para solicitar o que chama “plan personalizado de pagos COVID-19”. O citado prazo…

Os interesados en adquirir os vehículos retirados do parque móbil municipal, poderán comprobar o seu estado en visita con cita previa

O Concello do Porriño anuncia que as persoas interesadas en adquirir algún dos 26 vehículos do parque móbil municipal que se retiraron no outono pasado, poderán concertar cita previa para comprobar o estado dos mesmos. Os vehículos atópanse no Multiusos de Torneiros, onde poderán ser…

A Policía Local agradece a colaboración cidadá para esclarecer un roubo no interior dun vehículo

Axentes da Policía Local do Porriño coa valiosa colaboración de dous cidadás, precederon á detención dun individuo de 24 anos, como presunto autor dun delito de roubo no interior dun vehículo. Os feitos aconteceron na madrugada do sábado 30. A Policía Local recibiu ás 5,35…

O Concello destinará 100.000€ para axuda á hostalaría, ao comercio de proximidade e aos autónomos

A primeira sesión plenaria telemática celebrada pola Corporación Municipal do Porriño acordou unha modificación orzamentaria que habilitará dispoñer de 100.00 euros que se destinarán a apoiar o reinicio da economía local. A proposta do equipo de goberno contou cos votos favorables dos concelleiros do PSOE,…