O Concello do Porriño renova contratos de patrocinio con doce clubs

A alcaldesa Eva García recibiu hoxe ós presidentes e directivos dos doce clubs da vila que se benefician de contratos de patrocinio do Concello do Porriño. Os convenios xa corresponden ó exercicio de 2020. Despois da súa firma electrónica abonaranse nestes días 334.000 euros que…

Xunta de Goberno Local acordou adxudicar a “Covsa” as obras de humanización en rúa Doantes

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe aprobar a adxudicación definitiva á empresa constructora “COVSA” para que execute a mellora de seguridade viaria na rúa Doantes, cun orzamento de perto de 500.000 euros. Nesa partida incluense ampliación de beirarruas, a realización dunha rotonda, o cambio…

Publicanse as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a comunidades de augas de consumo do Concello do Porriño

O Concello do Porriño anuncia as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a comunidades de augas de consumo para o control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante o presente ano 2020. A convocatoria, a través da Concellería de…

A concelleira de Cultura acude a unha reunión preparatoria do programa “Xacobeo en Camiño”

Cami Moreira, concelleira de Cultura asistirá hoxe en Compostela a unha reunión convocada polo titular da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que chamou a representates de todos os concellos vencellados co Camiño de Santiago. O encontro con Román Rodríguez que se…

O Concello recoñece ós ciclistas porriñeses polos seus éxitos no cameponato de España de Ciclocross

O Concello ofreceu unha recepción ós ciclistas porriñeses que acadaron títulos e unha sobranceira participación no recente Campeonato de España de Ciclocross celebrado hai dúas semanas en Pontevedra. Asistiron Laura Mira e Uxía Soto, campeona e subcampeona de España en categoría cadete feminina respectivamente. Tamén…

Presentada a II PORRIÑO 10K que pretende acadar 1500 participantes

David Alonso, concelleiro de Deportes e directivos do Club de Atletismo Porriño presentaron a segunda edición da “Porriño 10k”, carreira pedestre que pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é…