O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal “O Concello informa” a través dunha aplicación para o móbil
O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns. “O Porriño informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciños e veciñas sobre bandos, anuncios, noticias…
Asfaltado do camiño de Liboeira ao Covelo, en Atios
A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño que dirixe Pedro Pereira, informa sobre a execución das obras de asfaltado do camiño de Liboeira ao Covelo, na parroquia de Atios. Estes traballos realízanse ao abeiro do “Plan Concellos 2020” da Deputación de Pontevedra.
A alcaldesa alégrase de que a Xunta alivie restricións no Porriño e se recupere a mobilidade con Mos e Vigo
Eva Garcia manifestou este mediodía a súa satisfacción polo alivio das restricións no Porriño que ven de decidir a Consellería de Sanidade, despois de escoitar ao comité clínico. A alcaldesa felicitase de que a Xunta aceptase equiparar ao Porriño cos concellos de Mos, Vigo, Gondomar…
Finalmente o pleno municipal de hoxe será presencial, a proposta de EU Son e co apoio do PP
A sesión plenaria extraordinaria que vai celebrar este mediodía a corporación municipal do Porriño será, finalmente, presencial e non telemática como constaba inicialmente na convocatoria da mesma. A decisión adoptouse nas comisións municipais informativas celebradas previamente. Foi a proposta de EU SON á que se…
Este xoves terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria da Corporación, solicitada polo PP.
Este xoves, ás 12 horas, terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria da corporación municipal porriñesa. Será telemática e con catro asuntos na orde do día, conforme a solicitude presentada polo grupo municipal do Partido Popular. Axuntamos en "pdf", a orde do día. 20201126_Comunicación_Comunicación da convocatoria…
A alcaldesa solicitalle unha reunión de traballo ao presidente da Xunta
A alcaldesa, Eva García ven de solicitar ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, unha reunión de traballo para “abordar os asuntos pendentes de resolución no termo municipal que dirixo”, segundo expresa a rexedora porriñesa nunha carta. Esta mañá o Concello enviou a…









