Por razons meteorolóxicas, aprázase a actividade de “Vive a Cultura Urbana” prevista para o venres 5 de abril

A OMIX do Concello de Porriño comunica o aprazamento da actividade ó aire libre prevista para o venres 5 de abril no abeiro da programación "Vive a Cultura Urbana". As malas previsions meteorolóxicas aconsellan posponer as actividades previstas.

A Alcaldesa de Porriño comprometese cos traballadores de “Levantina” a viaxar ata Alacant “se fose preciso” para interceder por eles ante o ERE extintitivo que plantexa a empresa

O comité de personal e traballadores de “Levantina” acudiron este serán ó Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García, quen abriu as portas do salón de sesions…

Asociación de Empresarios do Polígono da Granxa e o Concello de Porriño solicitan unha reunión á Zona Franca para tratar o proxecto da Cidade do Transporte

A Alcaldesa de Porriño, Eva García solicitará a David Regades, delegado da Zona Franca unha reunión para abordar o proxecto de “Cidade do Transporte” que o Consorcio decidiu instalar no noso termo municipal. A petición desa entrevista é un dos temas tratados hoxe pola alcaldesa…

A embaixada municipal porriñesa selou o acordo de irmandamento coa vila croata de Vrgorac para intercambio de estudantes

A representación municipal do Concello de O Porriño, formada polos concelleiros do equipo de goberno Lourdes Moure e Orlando Marquez co apoio inestimable do profesor Amador Ordoñez, foi recibida no edificio consistorial de Vrgorac onde selaron o acordo de irmandamento con esa vila croata da…

A Alcaldía de Porriño ordena un expediente informativo sobre a sucesión de incidentes nas prantas da empresa “Xesnatura” despois do lume rexistrado anoite

Ante a reiteración de lumes nas instalacions da empresa “Xesnatura” nas súas naves en chan industrial de Porriño, a alcaldesa Eva García vén de anunciar esta mañán “a apertura dun expediente informativo”. “Queremos saber as circunstancias deste último incidente de anoite e dentro do ámbito…

A Alcaldesa de Porriño recibirá mañán ó comité de empresa de “Levantina” que rexeita un ERE que afectaría a 33 traballadores da pranta do polígono das Gándaras

A Alcaldesa de Porriño reunirase mañán xoves, ás 18 horas, co comité de empresa da plantilla de “Levantina y Asociados de Minerales” que pedirá á primeira autoridad municipal ó seu apoio ante o expediente de regulación de emprego da firma granitera que se propón eliminar…