O mércores realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda sur das Gándaras

O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa. A empresa “ENDENOR, Construcción, Mantenimiento y Servicios”,…

O Concello recepciona as obras de lixado, barnizado e pintado da pista 1 do Polideportivo Municipal

David Alonso, concelleiro de Deportes realizou hoxe a recepción das obras de lixado, barnizado e pintado da pista 1 do Polideportivo Municipal. Estes traballos estiveron paralizados polo estado de alarma e retomáronse cando se relaxaron as restricións no sector de construción e carpintería. Este emprendimento…

O Concello lembra que a Piscina Municipal,está aberta dende hai unha semana e funciona segundo os protocolos anti-Covid

A Concellería de Deportes do Concello do Porriño lembra que dende hai unha semana está aberta a Piscina Municipal baixo unas estritas pautas de prevención do Covid-19. O emprego da máscara é obrigatorio en todo momento, agás dentro da piscina. A solicitude de cita previa…

Programación cultural do Concello do Porriño “para un tempo novo”: CONCERTO DO “DÚO DELÍS” NA PRAZA DO CONCELLO, CUN AFORO RESTRINXIDO

A Concellería de Cultura e Festas informa que o vindeiro sábado 18 ofrecerá un concerto musical a cargo do “Dúo “DeLís”, ás 21 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios. O espazo para público, diante do Concello, terá un aforo restrinxido, só para 100 cadeiras, segundo…

A Xunta de Voceiros estudará se é posible algunha compensación ás canteiras polo estado de alarma

A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están…

O Concello amplía o prazo para participar na Batalla de Debuxantes “Improvisdado”

A Concellería de Cultura e Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informan da ampliación do prazo para participar na “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, convocada polo Concello do Porriño. O prazo de presentación de propostas que comezou o 1 de maio, amplíase ata…