O Concello non intervirá no Colexio de Budiño xa que a Xunta de Galicia asumirá as súas responsabilidades

  A Concellería de Educación amosa a súa satisfacción de ter acadado que “en 24 horas a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades” e, polo tanto, atenda o urxente arranxo da cuberta do CEIP da Cruz, en Budiño que presenta un risco importante, segundo…

Porriño renovou a súa adhesión ao Programa Galego de Control da Vespa Velutina

O Concello do Porriño renovou a súa adhesión ao Programa Galego de Vixilancia e Control fronte a vespa velutina. Este programa é produto dun convenio creado no ano 2020 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para coordinar…

Aberta inscrición para asistir á proxección da película “As silenciadas”

  O vindeiro sábado 17, ás 19 horas, no Centro Cultural Municipal terá lugar a proxección do filme documental "As silenciadas", programada pola Concellería de Cultura coa ocasión do 90 aniversario da II República. Polos protocolos Covid, o aforo será restrinxido e previa inscrición, a…

O Concello insta á Xunta a mudar a cuberta do Colexio de Budiño que se vai desmontar en parte para evitar riscos

Lourdes Moure, concelleira de Educación inspeccionou hoxe xunto co enxeñeiro municipal e persoal do Parque de Bombeiros, o estado da cuberta do Colexio da Cruz, en Budiño. Dúas zonas do tellado do centro escolar supoñen un serio risco, segundo acreditou un informe da arquitecta municipal…

A Alcaldesa denegou un pleno extra que solicitaba o PP, “ao non constar acreditada a autenticidade das firmas dos concelleiros”

A Alcaldía de O Porriño denegou a convocatoria de pleno extraordinario que ven de solicitar o grupo municipal do Partido Popular “ao non constar acreditada a autenticidade das firmas e a vontade dos concelleiros solicitantes”. Como consecuencia a solicitude de pleno “non ven correctamente firmada…

O Delegado de Zona Franca entregou as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais do Porriño

David Regades, delegado do consorcio Zona Franca entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa, Eva Garcia, as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras. O local atópase no centro de servizos do Consorcio Zona Franca,…