A alcaldesa visitou en Madrid as obras da réplica do Templete de San Luis

Eva Garcia de la Torre visitou na capital do Estado, xunto con responsables de Metro de Madrid e da empresa porriñesa “Godoy Maceira”, a réplica do Templete de San Luis que está a construírse, de novo, no seu antigo emprazamento, na estación de Metro de…

O Porriño proxecta un gran parque público no Louro

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Patrimonio e Urbanismo dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, anuncia que chegou a un acordo para a compra de aproximadamente 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río Louro. Pedro Pereira ven de formalizar un acordo…

Este sábado 29 comezan, con lista de espera, as visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios que seguirán ata outubro

Este sábado 29, a mediodía, comezará a primeira das dez visitas guiadas teatralizadas pola obra do excepcional arquitecto porriñés, promovidas polo Concello coa ocasión de celebrar o Ano Antonio Palacios polo 75 aniversario do seu falecemento. Nesta primeira visita, previa inscrición por correo electrónico, haberá…

ADIF agarda financiar a supresión do paso a nivel con fondos “Next Generation”, segundo a información recibida pola alcaldesa

O ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e “Prointec” para determinar as características do chan. Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de…

A Unidade Asistencial de Drogodependencias cede un local para reunións da escola de familias do programa “Achega” da Asociación “DOA Saúde Mental”

  O Concello do Porriño cederá un dos locais da Unidade Asistencial de Drodependencias para a celebración de reunións da escola de familias do programa "Achega" da Asociación "DOA Saúde Mental". Trátase dunha actividade subvencionada pola Xunta de Galicia. Esta acción informativa e formativa de…

Dous axentes da Policía Local evitaron un suicidio desde unha ponte no polígono das Gándaras

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A55 co polígono das Gándaras. Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrada pola parte exterior da varanda…