Este xoves inaugurase a V Feira do Libro do Porriño

  A Feira do Libro do Porriño que cumprirá a súa quinta edición, volverá a partir deste xoves ás rúas da nosa vila despois dun ano de parón forzoso pola pandemia. A montaxe dos stands está a realizarse hoxe na rúa peonil, diante da Casa…

Hoxe celebrase pleno municipal ordinario de maio

A aprobación definitiva do contrato coa empresa "Soom Management", nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán no pleno municipal ordinario que celebrará esta tarde a corporación local, a partir das 18 horas. A aprobación provisoria desa adxudicación decidiuse…

A concelleira de Seguridade deu a benvida aos novos voluntarios que realizaran prácticas na Agrupación de Protección Civil do Porriño

Seis voluntarias e voluntarios que realizaran as súas prácticas de formación en atención de emerxencias, comezarán mañá mércores na Agrupación de Protección Civil do Porriño, ás ordes de Suso Gónzalez "Carrola", responsable da unidade. Están a realizar o curso de FP "Atención Sanitaria a múltiples…

Firmada na notaría a venda dunha parcela municipal á empresa “Iberembal”para a construcción dunha fábrica de envases metálicos

Eva García, alcaldesa do Porriño firmou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa "Massilly Ibérica Iberembal", a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal. O predio ten 13.335 metros cadrados de…

Instrucións para inscribirse como público para o vindeiro pleno municipal

O vindeiro pleno da corporación municipal do Porriño celebrarase o mércores 26 (18 horas) e volverá a ser público. Coa ocasión das restricións de aforamento e dado que o salón de plenos ten capacidade para 32 persoas, tan só se permitirán 10 persoas como público.…

A Audiencia Provincial arquiva a causa xudicial emprendida polo voceiro municipal do PP pola compra dos locais a “Promocións Guanabara”

A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou a causa xudicial emprendida por Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do Partido Popular por suposta prevaricación administrativa contra a alcaldesa e o goberno municipal do Porriño. O feito denunciado foi a compra dos locais a “Promocións Guanabara” que realizou o…