Comezou o proceso de valoración das 6 plicas presentadas para o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez

  Este mediodía reuniuse a mesa de contratación que decidirá o proceso de licitación e adxudicación do proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no barrio de San Bieito. Media ducia de empresas presentaron as ofertas que agora serán valoradas polos técnicos municipais. No prazo…

O Porriño recupera a clásica ciclista “A Nocturna”

O Concello do Porriño anuncia que o vindeiro venres 10 terá lugar a clásica ciclista "A Nocturna" que contará cunha participación de 250 deportistas distribuídas/os en oito categorías. Esta proba, que se celebra sempre ao abeiro das Festas do Cristo, recupera o seu sitio no…

A alcaldesa recibiu á ciclista Ana María González Cuña, campioa de España de BTT XCM

A alcaldesa, Eva García recibiu e felicitou a ciclista porriñesa Ana María González Cuña, do Mitto X-Sauce Team, que se proclamou campioa de España BTT XCM da categoría Master 40B feminina o pasado 29 de agosto en Lalín. Anteriormente xa fora subcampioa de España (2018…

Presentación do novo traballo do grupo musical “KAF!”, no Centro Cultural Municipal

Esta tarde celebrouse a presentación do novo disco do grupo KAF!, no Centro Cultural Municipal, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas do Concello do Porriño. Cami Moreira, concelleira responsable presidiu o acto de presentación deste novo traballo musical deste grupo chamado "Cuando las…

Este xoves comezan as actividades de dinamización da lectura, organizadas pola Biblioteca Municipal

  A Biblioteca Municipal do Porriño organiza neste mes de setembro dúas actividades para o Club de Lectura, dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Xunta de Galicia. A primeira actividade será este xoves día 9, a partir das 19 horas, a cargo…

A alcaldesa agarda manter unha reunión oficial coa nova presidenta do ADIF

  Eva García, alcaldesa do Porriño, envioulle esta mañá unha carta a María Luísa Domínguez, a nova presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), polo seu recente nomeamento, consecuencia da última remodelación ministerial realizada polo presidente do Goberno. Na misiva, a rexedora porriñesa maniféstalle "unha…