
Melloras no Centro de Día de Torneiros
Instalarase unha cuberta no acceso ás instalacións e levaranse a cabo actuacións na zona axardinada respondendo ás demandas da dirección do centro e das persoas usuarias

A piques de comezar as obras de saneamento que beneficiarán a máis de 60 veciños no Outeiro
Executarase preto de 1 km kilómetro de rede conectando máis de 20 vivendas

Desvío de tráfico por obras na rúa Domingo Bueno á altura do Parque Infantil
O paso de vehículos reducirase a un só carril durante aproximadamente dúas semanas desde o luns 15 de xullo

O Porriño pon en marcha a nova senda ciclista e peonil do Louro
Renovouse o pavimento, creouse un carril ciclista bidireccional e outro para peóns e instaláronse máis de 60 puntos de luz.

O Porriño licita a primeira fase de humanización da contorna do Centro Social e Pío XII
Cun orzamento base de 1.140.709,52 nesta primeira fase, crearase un gran espazo público para dar prioridade á mobilidade peonil e ás zonas verdes.