O Porriño incorporará 11 traballadores/as ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño reforzará o seu cadro de persoal con 11 novos traballadores e traballadoras que desenvolverán as súas tarefas en diferentes áreas municipais. Estas contratacións formalizaranse en base a dúas achegas de iniciativa social da Xunta de Galicia. A primeira delas ascende a…

Rematadas as obras de saneamento que darán servizo a nove vivendas en Cans

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polos edís Ramón Porto e José Carlos González, visitaron o lugar de Eidos do Medio, en Cans, para comprobar xunto aos veciños e veciñas da zona o resultado das obras de ampliación da rede de saneamento recentemente executadas. …

O Concello acomete melloras nos centros escolares aproveitando as vacacións de Semana Santa

Aproveitando as vacacións de Semana Santa, o Concello do Porriño levou a cabo melloras nos centros educativos do municipio. Operarios municipais levaron a cabo as reformas demandadas pola comunidade educativa, ademais de pequenas actuacións necesarias para garantir a seguridade e accesibilidade. Entre elas, a reparación…

Restablecido o subministro da Fonte de San Sebastián

A emblemática Fonte de San Sebastián xa funciona de novo. O Concello do Porriño levou a cabo obras de acondicionamento da fonte para evitar, na medida do posible, posibles focos de contaminación que afectaban á calidade da auga e causaban reiterados cortes de subministro. As…

Comezan as obras de acondicionamento da Fonte de San Sebastián para asegurar a súa potabilidade

Onte deron comezo as obras de saneamento e acondicionamento da Fonte de San Sebastián, que permanece sen subministro tras detectarse contaminación na súa auga. Os valores paramétricos que aparecían alterados nas analíticas correspondíanse con posibles filtracións de fecais (bacterias coliformes e microorganismos aerobios 22º), polo…

Amplíase o proxecto de Manuel Rodríguez para renovar as redes de saneamento e abastecemento no 100% da rúa

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, informou hoxe que se ampliou o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez que, pese a estar en execución, só renovaba as redes de saneamento e abastecemento de un dos lados da rúa. “As obras…