A Xunta de Voceiros estudará se é posible algunha compensación ás canteiras polo estado de alarma
A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están…
O Concello coloca botóns de proximidade para 8 semáforos en 4 cruces da vila
O Concello do Porriño anuncia a entrada en funcionamento de botóns de proximidade que non precisan contacto táctil para activar os semáforos. Trátase dunha medida relacionada cos protocolos de prevención anti-Covid19 co fin de previr riscos de contaxio. Os botóns están colocados nos semáforos de…
A maioría da corporación acordou realizar unha análise conxunta da facturación pendente de pago
A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño.…
Terceira quenda do mercado ambulante despois do estado de alarma
O mercado ambulante do Porriño que acadaba hoxe a terceira quenda dende o estado de alarma, tivo lixeiras modificacións na distribución dos postos de venda. O concelleiro responsable de Comercio, Sergio Casal e os representantes do colectivo de vendedores acordaron una redistribución. O que motivou…
INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR A CITA PREVIA PARA O REXISTRO XERAL
Lembramos que pódese acadar por teléfono, chamando ao número 986 335 000 e solicitando cita.Ou a través desta páxina web, na pestana "sede electrónica" (non é necesario ter certificado dixital, só un correo electrónico), e seguir estas instrucións do proceso:Acceda á páxina web do concello…
Os zamoranos volverán ao mercado ambulante o vindeiro martes 30
O colectivo de vendedores zamoranos volverá montar os seus postos no mercado ambulante do Porriño que polo tanto recuperará a plena normalidade. Despois dunha reunión solicitada polo colectivo na que expuxeron que o motivo fora un problema interno entre eles por desacordos cos emprazamentos dos…
