
O Concello rematou hoxe o pagamento das axudas pola Covid aos autónomos e micro empresas do Porriño
O Concello rematou hoxe o pagamento mediante transferencia bancaria da segunda e última quenda de axudas económicas directas concedidas pola administración municipal pola Covid. Abonáronse en total 84.589 € entre autónomos e micro empresas do Porriño que se acolleron á convocatoria municipal. Concedéronse 72 axudas…

Asfaltado do camiño de Liboeira ao Covelo, en Atios
A Concellería de Infraestruturas do Concello do Porriño que dirixe Pedro Pereira, informa sobre a execución das obras de asfaltado do camiño de Liboeira ao Covelo, na parroquia de Atios. Estes traballos realízanse ao abeiro do “Plan Concellos 2020” da Deputación de Pontevedra.

Comisión municipal anti-Covid: ante a melloría dos datos, amplíanse aforos deportivos e reabriranse os parques infantís
O goberno municipal porriñés, á vista da melloría que reflicten os datos de contaxios e incidencia da pandemia, decidiu aliviar algunhas das restricións existentes. Hoxe o SERGAS comunicou que no Porriño os novos contaxios baixaron a 39 casos activos aínda que seguimos cunha incidencia acumulada…

Reparto de carteis por establecementos e na praza de abastos da campaña de apoio ao comercio local
Persoal do Concello repartiu esta mañá por establecementos e na Praza de Abastos, carteis da campaña "Agora máis que nunca nos perdamos a proximidade", en apoio do comercio local. O lema da campaña que promove a Deputación de Pontevedra, "chama á cidadanía a mercar nas…

Resposta desigual da hostalaría porriñesa ante a posibilidade de abrir dende hoxe só terrazas e cun aforo do 50%
O sector da hostalaría local tivo unha resposta desigual ante a posibilidade de abrir dende hoxe os seus establecementos segundo o establecido no plan de desescalada promulgado pola Xunta de Galicia. O Porriño está no nivel máis restritivo de xeito que os establecementos tan…

O Concello autoriza unha celebración parcial do mercado ambulante a partir do 8 de decembro
A melloría no Porriño segue a confirmarse como acreditan os 62 casos activos de infectados, segundo comunicou hoxe o SERGAS. Supoñen unha notable rebaixa dos que tiñamos hai unha e dúas semanas atrás, segundo valorou hoxe a Comisión Municipal de Seguimento da Covid que…