
Nova convocatoria de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo do Porriño
O Concello do Porriño anuncia as bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo para o control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante o presente ano 2021. A convocatoria, a través da Concellería…

O Concello agradece a “Frigolouro” pola súa permanente colaboración co Banco de Alimentos
A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira reuníronse con Natalio Rodríguez, director xerente do centro de procesamento "Frigolouro-Coren" nas instalacións deste grupo industrial no Porriño.Na reunión abordáronse temas comúns nun clima de diálogo amigable e colaboración mutua. A representación…

A Ordenanza de terrazas aprobada polo Concello regulará a ocupación de espazos públicos
O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP abstívose. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial…

Remata a pavimentación do camiño de Cavadas en Atios
No día de hoxe rematase de asfaltar o camiño de Cavadas, en Atios, segundo informa a Concellería de Infraestruturas. Non obstante, o vindeiro luns continúan cos traballos de levantado de tapas de pozos e arquetas, segundo indicou Pedro Pereira, concelleiro responsable desta intervención. A empresa…

O Porriño presenta ao Plan Concellos un proxecto de humanización da rúa Manuel Rodriguez e tres novas redes de saneamento en Atios e Pontellas
O goberno municipal do Porriño presenta ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra catro proxectos que “apostan pola humanización das rúas e polo aumento da rede de saneamento nas parroquias”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas. Das catro propostas, a máis ambiciosa polo…

O Concello vende unha parcela de titularidade municipal á firma “Iberembal”
O Concello do Porriño anuncia a venda dunha parcela de titularidade municipal á firma “IBEREMBAL” por un importe de 960.000 euros, cantidade á que hai que engadir o correspondente 21% de IVE. O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables…