
Os concelleiros de Comercio e Emprego apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” para reparto a domicilio no Porriño
Os concelleiros, David Alonso, de Emprego e Novas Tecnoloxías, e Sergio Casal, de Comercio, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño. O seu franquiciado local, Alberto Parada e representantes do sector hostaleiro local asistiron…

Outorgada licenza de obras á empresa que vai xestionar a futura gardería do Polígono da Granxa
A empresa que vai xestionar a futura escola infantil no Polígono Industrial A Granxa dispón de licenza municipal do Concello do Porriño para executar as obras de acondicionamento do local cedido pola Zona Franca. O espazo ten una superficie de 448 metros cadrados e o…

O Concello licita o proxecto de rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas
O Concello do Porriño agarda iniciar en agosto as obras da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas, segundo as previsións que manexa Pedro Pereira, concelleiro responsable de Infraestruturas. O proxecto actualmente atópase en fase de licitación. Aínda está aberto o…

Convocadas comisións informativas municipais que prepararán o vindeiro pleno corporativo
A aprobación definitiva do contrato coa nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán nas comisións informativas que se celebrarán este venres 21, preparando o vindeiro pleno ordinario da Corporación que terá lugar o mércores 26. A aprobación provisoria…

Entregados os seis premios do Xogo “A Miña Avoa”
Hoxe celebrouse nun acto no Centro Cultural Municipal, a entrega dos seis premios aos gañadores do Xogo "A Miña Avoa", un concurso organizado polo Concello e a Oficina Municipal de Información Xuvenil, Omix, destinado a promover o consumo no comercio e a hostalería do Porriño.…

O prazo para presentar solicitudes ás subvencións municipais para as comunidades de augas de consumo do Porriño rematará o vindeiro 3 de maio
O Concello do Porriño informa de que o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €, rematará o vindeiro luns 3 de maio. A convocatoria, a través…