O concelleiro de Infraestruturas convoca aos veciños da rúa Aloques para informarlles do plan de obra

  Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas convoca aos veciños da rúa Aloques a unha xunta informativa que terá lugar o vindeiro martes día 13, ás 19 horas, no salón de sesións do Concello. Trátase de informarlles sobre o plan de obra para executar o proxecto…

Unha campaña de promoción do produto local escolle a José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende” e o Pan do Porriño, como reclamo de calidade

  A campaña “Parte de ti”, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte o Concello do Porriño, pon en valor o produto local, baseado nas historias persoais de alguén, como José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”, que elabora o noso…

O Concello reparará por vía de urxencia e de xeito coordinado co Ministerio, o valado e sinalización da ponte do acceso norte ao Polígono das Gándaras

  O Concello do Porriño acometerá o arranxo do valado e mellora da sinalización horizontal e vertical no cruce da ponte do acceso norte ao Polígono das Gándaras onde sucederon varios accidentes de tráfico con vehículos que caeron sobre a vía ferroviaria. Os concelleiros Pedro…

Inclúese unha comunidade de augas máis no reparto de subvencións do Concello

Finalmente son dez as comunidades de augas de consumo que acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020. Sumouse a comunidade de Chan-Casal-Orbenlle ás nove comunidades de augas beneficiadas das…

Executada a mellora de camiños rurais municipais en tres lugares da parroquia de Chenlo

Remataron as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas nos lugares de Ladeira, As Cales e Vilar, na parroquia de Chenlo, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira. Estas obras consistiron na mellora do firme e da drenaxe.…

Fomento amosa disposición favorable a ceder ao Concello o tramo da N-120 entre Cans e O Confurco

O Concello do Porriño trasladou hoxe ao Goberno Central a petición de que o tramo da estrada Nacional 120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expuxeron a petición…