Suspendese a visita guiada teatralizada Antonio Palacios, prevista para este sábado 19, pola mala previsión meteorolóxica

A visita guiada teatralizada Antonio Palacios prevista para mañá sábado 19, suspéndese debido á mala previsión meteorolóxica. A visita recuperarase noutra data, segundo informou o departamento de Cultura que organiza esta actividade coa ocasión da celebración polo Concello do Porriño do Ano Palacios. As vinte persoas…

O Porriño recupera o seu sitio no ciclismo nacional co Gran Premio Concello do Porriño elite e sub 23

Coa participación de 150 corredores dos mellores equipos ciclistas das categorías elite e sub-23 tanto de Galicia como do resto do Estado, O Porriño vai recuperar sitio no ciclismo nacional coa celebración do Gran Premio Concello do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo 6…

Tres visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios programadas para este mes de xuño

Este vindeiro sábado 5 de xuño terá lugar a segunda das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés. Nesta quenda coa modificación das restricións pola Xunta de Galicia, agardase contar cun…

A alcaldesa visitou en Madrid as obras da réplica do Templete de San Luis

Eva Garcia de la Torre visitou na capital do Estado, xunto con responsables de Metro de Madrid e da empresa porriñesa “Godoy Maceira”, a réplica do Templete de San Luis que está a construírse, de novo, no seu antigo emprazamento, na estación de Metro de…

Este sábado 29 comezan, con lista de espera, as visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios que seguirán ata outubro

Este sábado 29, a mediodía, comezará a primeira das dez visitas guiadas teatralizadas pola obra do excepcional arquitecto porriñés, promovidas polo Concello coa ocasión de celebrar o Ano Antonio Palacios polo 75 aniversario do seu falecemento. Nesta primeira visita, previa inscrición por correo electrónico, haberá…

As visitas guiadas teatralizadas retoman os actos do “Ano Antonio Palacios” en lembranza do excepcional arquitecto porriñés

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés. Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto…