
CONCELLO DE PORRIÑO SUBVENCIONA UNHA CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS PROMOVIDA POLA PROTECTORA DE ANIMAIS
Directivas da asociación "Lena Protectora de Animais" estiveron hoxe no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade. Reunironse coa alcaldesa, Eva García e a concelleira de Seguridade,…

Concello de Porriño encargou á empresa “Rentokil” a loita biolóxica para contrarrestar a presenza masiva de pombas
O Concello de Porriño, ante a petición xeralizada de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios do centro urbán, vén de contratar á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica. A empresa que ten sede…

A Alcaldesa de Porriño require á Policía Local para que investigue responsabilidades nos movementos de terras e verifique os achados de suposto lindano
Eva García, alcaldesa de O Porriño vén de requerir perante un oficio ó Xefe da Policía Local para para que dea as ordes oportunas a fin de averiguar quen foi responsable do movemento de terras no barrio do Contrasto en Torneiros onde hai uns dias…

A Concellería de Limpeza empeza coa colocación dos primeiros 6 composteiros como parte da posta en marcha do ‘Plan Revitaliza’ da @depo_es
A Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, vén de poñer en marcha a instalación de 6 composteiros no barrio de San Sebastián, coma “primeira medida do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que permitirá a reciclaxe de restos orgánicos das vivendas do…

O Goberno local leva a cabo traballos de desborde, roza e aviado de camiños, pistas e beiravías para previr os incendios e que o ano pasado fixeron que O Porriño fose un dos concellos menos afectados polo lume
A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou a principios de mes o desborde dos camiños, corte de maleza, retirada de silvas, saneamento de pontes e sendas, corte de herbas, roza, poda e o aviado de pistas e beiravías. Os traballos seguirán de xeito…

O Concello e Tropa Verde celebran o ‘Día Mundial da Educación Ambiental’ en varios colexios da vila
Os concelleiros de Limpeza, Orlando Márquez, e de Educación, Lourdes Moure, asistiron á celebración do ‘Día Mundial da Educación Ambiental’ da man de Tropa Verde . Esta organización e o Concello de O Porriño están deseñando xornadas de charlas nas escolas da vila nas que…