
Biblioteca Municipal do Porriño oferta actividades formativas baixo o lema “Traballando na aprendizaxe permanente”
A Biblioteca do Porriño informa da apertura do plazo de inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano que denomina “Traballando na aprendizaxe permanente”. Trátase de accións non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal…

Comeza o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música do Porriño
Dende este xoves 26 de setembro, permanecerán expostas as listas coa orde da matrícula para o curso 2019-2020 que se poden consultar na Escola Municipal de Música e no Centro Cultural Municipal do Porriño. O periodo de matrícula para o vindeiro curso iniciase o luns…

O pleno ordinario de setembro marcado polo cambio climático
A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do…

A concelleira de Educación asistiu ó acto central do Día Europeo dos Minerais
Lourdes Moure, concelleira de Educación representou ó Concello no acto central do Día Europeo dos Minerais que se celebrou en Porriño, na canteira da firma "Blockdegal". Un grupo de estudiantes do IES Ribeira do Louro participou nunha visita guíada pola canteira que é unha das…

Convocada para o venres 20 Comisión Municipal previa ó pleno ordinario de setembro
Esta mañan a alcaldesa Eva García firmou e comunicouse a convocatoria da Comisión Municipal previa ó Pleno da Corporación Local de Porriño. A comisión informativa convocada é a de Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados. Reuniráse o venres 20, ás 19 horas. Deberá informar sendas…

Concello do Porriño, consorcio de empresarios de A Granxa e Zona Franca acordar retomar o proxecto dunha gardería no polígono industrial
A alcaldesa Eva García e directivos da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial de A Granxa retomaron o proxecto de construir unha gardería infantil. Nun recente encontro que mantiveron (ó que corresponde a foto adxunta) acordouse elixir a parcela 256-C para o que o…